De "O fútbol é así".

Ah, mísero de min!
Ah, infelice!
Pasa ante os meus ollos a película da miña vida...
Dirixida por Pedro Almodóvar
Oh, Dios! Tan mala é a miña historia?
Pasa ante os meus ollos a película da miña vida...
É a película da miña vida, si, pero eu apenas saio,
Son un actor secundario da miña propia existencia,
Case un extra mal pagado, un figurante de paso
Que observa como triunfan todos e cada un dos que pasan ao meu lado
Mentres eu, sen decir nada, vou de fracaso en fracaso.
Non quero ver máis! Xa basta!
Que visión aterradora! Puto Pedro Almodóvar!
Prefiro antes que ti mil veces a Fernando León de Aranoa ou a Paco Martínez Soria.
Que é a vida? Unha película?
Unha serie? Un culebrón?
Quizais un documental?
Ou é un reality show?
Princesa é unha actriz
Que fai o papel de princesa
Princesa é Leticia Ortiz
Por entrar na realeza
Princesa é Belén Esteban
Que é princesa porque sí
Cal das tres é máis princesa?
Oh, Punset! Que é a vida?
Punset, responde axiña, que xa se me vai a pinza.
SER... ou COPE
Esa é a cuestión